Somos auga; pequenas pingas que se unen no máis fermoso e intenso dos movementos galegos: a choiva. Xuntas somos choiva.
Convertirse en pinga colaboradora (10€/mes nun único pago de cento vinte euros ó ano) permítenos impulsar proxectos sociais e culturais relacionados co desenvolvemento, conexión e posta en valor do talento da nosa comunidade.
Grazas a esta importante contribución que fas, traballaremos cada día para, a través de poñer en valor o noso presente, deixar un legado cultural.
add
Crear unha comunidade ó redor do talento en Galicia.
add
Outorgar becas para impulsar carreiras artísticas galegas.
Somos un movemento cultural que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, busca visibilizar e impactar positivamente no talento de Galicia mediante accións.
Conectamos talento mediante encontros, desenvolvemos proxectos artísticos locais e falamos mediante iniciativas centradas nas persoas.
Movémonos por algo superior a nós: Galicia. Deixaremos un legado cultural de valor para as xeracións futuras.
Impulsamos proxectos sociais e culturais que impactan dun xeito positivo en Galicia. Vivimos co convencemento de que temos unha comunidade chea de talento e queremos demostralo mediante accións.
Inspirados nunha visión de longo prazo, uns valores humildes anímannos a conversar co talento e mover a arte. Valores educativos que nos amosan que facernos grandes, pasa por facer grandes aos demais.
Velaí a importancia de contribucións e doazóns como esta. Grazas de corazón e prepárate, seica vai chover :)